Complementos de moda: Usos, visións e experiencias

Fechas: 11, 18, 19, 25 e 26 de outubro Fundación Luis Seoane. A Coruña

Nos últimos tempos, a introdución das novas tecnoloxías e de novas tendencias no sector artesanal están posibilitando a aparición dunha ampla oferta de actividades relacionadas coa moda, que implican unha revisión do uso do téxtil e a incorporación doutros materiais no eido dos complementos.

Dende a Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, consciente da relevancia que están a adquirir cada día estas novas propostas nun sector artesán que vén de incorporar a actividade dos Complementos de moda no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia, presenta a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, e en colaboración co proxecto CIDEA do Concello de A Coruña, unha actividade formativa a través dos puntos de vista de cinco profesionais de recoñecido prestixio no noso país.

Deste xeito, ao longo de tres fins de semana do mes de outubro, presentáranse diferentes proxectos e experiencias que contribuirán sen dúbida ao enriquecemento do sector galego e á súa capacitación profesional.

Descargar PDF de información

pdfcursomoda

Written By
More from Galiciademoda

María Escoté y su particular tributo a Lady Di en la MBFW

La diseñadora catalana rinde homenaje a la princesa Diana cuando se cumplen...
Read More